Este complexo litoral atópase nunha zona recortada na que alternan salientes rochosos con dúas enseadas. Aquí localízanse as praias de Espiñeirido e Balieiros, nas que se forman dunas marítimas. O relevo suave permite unha panorámica da franxa costeira e do Monte Facho.